miércoles, 28 de mayo de 2014

O meu invernadeiro Cd

     Ola, ola caracois!!

     Nesta entrada dispóñome a explicarvos como fixen o meu magnífico invernadoiro reciclado con  caixas de Cd.

     O primeiro que fixen foi pegar os Cds das paredes do invernadoiro, facendo dúas filas de tres Cds cada unha de longo e de ancho dúas filas tamén de dous Cds cada unha.

     Na parte do ancho peguei outra caixa de Cd no medio e despois, cortando unha Caixa de Cd a metade pegar as metades a cada lado da Caixa do centro. Repito este proceso do outro lado tamén.

     O seguinte paso é pegar catro caixas de Cd de forma que queden fixas e non se movan para facer así o teito do invernadoiro. Despois pegaremos caixas sobre estas caixas fixas, deixándoas abertas para así poder usalo como bisagra e regar así as plantas.




  
     Finalmente o resultado do noso invernadoiro quedaría así coas nosas plantiñas no seu interior.







     Aburiño caracoliños!!

Macetiñas orixinais

     Ola, ola caracois!!

   O primeiro que fixen para crear as miñas macetiñas creativas é cortar tres botellas de refresco pola metade. Despois engadiremos pedriñas no fondo e por enriba ponderemos a planta que queiramos transplantar.

     Para decoralas debuxarei uns olliños con temperas e pegarei a tapa de refresco coma se fose unha nariz. A outra decoración consiste en pintar toda a botella con tempera negra e debuxar os ollos con branco e volver a pegar a tapa da botella coma se fose a nariz.




Deste modo, así quedan as nosas macetiñas para poñer dentro do noso invernadoiro.



     Aburiño caracoliños!!

miércoles, 7 de mayo de 2014

Lampara con Actimeis rematado

     Ola, ola caracois!!

     Xa temos todo montado, non queda nada máis que unir a base cos botes de actimel. Poderíase facer con moitas cousas, pero eu caveino cunhas chinchetas. O seguinte paso é pegar a lampara no centro da base para que alumea todo.


     Unha vez teñamos todo este rematado obténdemos este resultado.


     XA TEMOS A NOSA LAMPARA REMATADA. Así de bonitiña queda na mesita de noite, espero que vos guste moito.





     Aburiño caracoliños!!

Así grampaba, así! Así!

     Ola, ola caracois!!

     O que farei hoxe será grampar todos os botes pola parte de atrás usando como referencia un dos botes para que quede como o centro de toda a lampara. A clave é grampalas por catro lados para que queden ben fixadas e non se movan.



     Unha vez estean todas grampadas hai que medir a lonxitude é o ancho para facer unha base é un lugar sobre o que apoiar a lanterna. Neste caso foron 38 cm en total.



     Aburiño caracoliños!!

Comezando a creación da segunda práctica

     Ola, ola caracois!!     

     Unha vez feita a primeira practica é hora de comezar coa segunda. A miña idea é a de facer una lampariña de mesa con botes de actimel, considero que é una forma orixinal e divertida de crear algo novo e ao mesmo tempo reciclar.

     A parte da idea de facer a lámpara con actimeles pensei e darlle un toque de color, pintando as puntas dos botes de cor amarelo e facelo máis alegre.

     Desta forma comecei recortando os cús dos botes de actimel, xa que por ese lado e por onde teño que grampar os botes para facer a lámpara.




     O seguinte paso é pintar as puntas dos botes de amarelo con coidado, xa que non quero que se me sobrasala a pintura onde non é.



     Con todo este listo, rematamos polo día de hoxe e comezarei a grampar para o día seguinte.
     
     Aburiño caracoliños!!

miércoles, 5 de febrero de 2014

"Unha historia de amor moi pouco común" o resultado final :D

     Ola, ola caracois!!

     E xa está aquí!! O resultado final do meu vídeo en stop-motion.

     Resultoume bastante complicado facer as fotos, xa que non conseguín moi ben que a cámara se quedara fixa nun punto, posto que non dispoño dunha cámara con opción de anelala a un trípode, así que as fixen co meu móbil apoiado nunha caixa. Pero en fin, aínda así creo que conseguín o bo resultado e aínda que a historia é algo curta ao meu parecer é divertida.

     Espero que vos guste e que o desfrutedes tanto coma eu desfrutei facéndoo.


     Aburiño caracoliños!!


martes, 4 de febrero de 2014

O penúltimo paso para rematar

     Ola, ola caracois!!


     Xa non queda case nada, os bonequiños de plastilina xa están rematados. Que vos parecen?


     Mañá é o día do momento de realizar as fotografías para montar o vídeo do Stpo-Motion. 

     Unha vez as teña comezarei ca montaxe do vídeo, pero para ir practicando fixen xa un vídeo sobre un día na vida dun caracoliño como eu.

     Aquí volo deixo para que o vexades e opinedes, as fotos están un pouco desenfocadas, pero é que o meu móbil non da para máis.

     Aburiño caracoliños!!